Blogia

Xuventudes Socialistas do Porriño

O PSOE mellora notablemente en número e en porcentaxe de votos

O PSOE mellora notablemente en número e en porcentaxe de votos

O bo facer de José Luís Rodríguez Zapatero e o seu equipo de goberno nesta ultima lexislatura propiciou os magníficos resultados no Porriño. O apoio de case un 36% dos electores, achegándose os 3.800 votos e cunha subida do 2,37% fronte a baixada dos outros partidos maioritarios.

Confiamos en que esta tendencia continúe grazas o traballo dos socialistas tanto en Madrid coma en Santiago e por suposto dende o grupo socialista do Porriño con Iván Vaqueiro, Fernando e Cofe como concelleiros.

 

Grazas!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

II República

II República

A PRIMEIRA CONSTITUCIÓN DEMOCRÁTICA DE ESPAÑA

Cando chega a República, en España aínda seguía visente, o menos en teoría, a Constitución de Canovas, o vello "cheque en blanco" de corte liberal que quedara en suspenso baixo o mandato de Primo de Rivera. Corenta anos despois da súa entrada en vigor, aquél texto non servía. Completamente obsoleta, era papel mollado para os horizontes democráticos e reformadores do novo réximen.

Facía falta unha nova lei máxima republicana e democrática. Tras un acalorado debate -prolongouse durante varios meses e trouxo consigo as dimisións de Alcalá Zamora e Maura- nas Cortes Constituintes, foi aprobada o 9 de diciembre de 1931. Nacera a Constitución da República Española, a máis avanzada do seu tempo, que contemplaba o divorcio e o voto das mulleres. Estos son os seus principais rasgos:

Unha República de traballadores. O artígoo 1 definía España como unha república de trabajadores de todas clase, que organizase en réximen de libertade e xustiza. Este artigo, moi discutido, daba o novo réximen un barniz lixeiramente socialista que só serviu para asustar a la dereita.

Estado Integral. Esta denominación ambigua contiña unha fórmula de organización territorial que eludía o federalismo explícito, pero abría a porta ás autonomías.

Unah soa cámara. Rompíase así a tradición bicameral do país prescindindo do Senado. Sen embargo, o Congreso salía reforzado coa facultade de destituir o Xefe do Estado, o presidente da República.

Un xefe de Estado cun mandato de sete anos. O presidente da República era elegido de forma mixta polos parlamentarios e a través duns compromisarios elexidos por sufraxio universal. Así, era responsable ante o Parlamento e os electores.

Libertade de cultos e Estado laico. Un dos puntos máis polémicos. A República declaraba se laica, prohibía ás ordes relixiosas exercer a ensinanza e desvinculaba o Estado da financiación da Iglesia. Significou unha ruptura radical e un foco de tensións nun país onde o altar era máis importante co trono.

Sufraxio universal de verdade (incluía ás mulleres). A Constitución dispoñía que todolos ciudadáns de máis de 23 anos tián o dereito de votar. Este precepto, indiscutible hoxe en día, supuso unha revolución no seu momento: as mulleres podían votar.

BOTELLÓN CÍVICO

¿Diversión o delincuencia?

Ó parecer delincuencia, e a verdade que non o entendo; pois dende a  nosa máis tenra infancia educarnos nunha sociedade na que o alcohol e a diversión son dous conceptos moi afins. Dende pequeño vin  como en todo tipo de celebracións, os meus maiores empreñaban o alcohol como medio de diversión. Deste modo nun país como España no que o alcohol  aceptase tanto socialmente, ninguén debería escandalizarse porque os xoves consumamos alcohol; é màis despois do que vivín non me parece nada anormal que nacera o botellón.
Temos constancia de que hai ostenta anos, xa os nosos ancestros xuntábanse no Parque Infantil coñecido como o Campo da Feira, para beber augardente, falar e xogar a partida os venres pola noite.
Este poderían ser os comezos do noso actual botellón; posto que o lugar onde se reunían era o mesmo onde hoxe reúnense os xoves para celebrar o botellón.
O botellón non é malo nin bo, podemos decir que é unha resposta social ó “garrafón” e ás bebidas con prezos inaccesibles para a xuventude. Pero é certo crean algúns problemas como o ruido, os destrozos uráns e o consumo dos menores.
Cabe destacar como posible solución para os dous primeiros, a habilitación de espazos con infraestructuras decentes (non zulos) ou baixar os prezos das bebidas e a regularización do “garrafón”.
No caso dos menores  sinalamos a importancia da educación, tanto nos centros escolares como nos fogares.
As medidas prohibitivas só conllevan conductas delictivas.
Por un BOTELLÓN CÍVICO.
Se queres acompañarnos vémonos esta fin de semana.

Drogas: ¿Ata que punto é legal colocarse?

Drogas: ¿Ata que punto é legal colocarse?

A excepción do tabaco, o alcohol e algunha outra sustancia, nestas listas inclúense tódalas drogas habitualmente máis consumidas: éxtasis, cannabis, anfetamina, speed, cocaína, LSD, mescalina, psilocibina, etc.
Por mor da condición de ilegalidade destas sustancias, o consumidor exponse ó riesgo de sufrir problemas coa xusticia. Para evitalos, o máis recomendable é informarse ben sobre as disposicións ó respecto (Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes, Convenio de 1971 sobre Sustancia Psicotrópicas).
En España considérase delito elaborar, producir, cultivar ou traficar coas sustancias psicotrópicas, tóxicas ou estupefacientes incluidas nos listados internacionais, así como favorecer, facilitar ou promover o seu consumo. Isto débese a que considérase que as drogas son perxudiciais para a saúde, polo que traficar con elas supón cometer un delito contra a saúde pública e, polo tanto, castígase con penas de cárcere.
O que non se considera delito é o propio consumo, nin a tenencia ou a compra de pequenas cantidades destinadas ó propio consumo. Ti e só tí es responsable da túa saúde e da túa vida pero… o que non podes facer é exhibilo; é dicir, considérase falta grave consumir drogas prohibidas en lugares públicos, así como a tenencia nestos lugares de cantidades destinadas ó propio consumo. Estas faltas castíganse con multas que van dende os 300 ós 30.000 euros, vamos, que non é ningunha broma.
Pero deixando a parte meter o medo á xente, hai que dicir que España é un país que fai unha distinción peculiar e a ter en conta, xa que distínguese entre sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde (derivados do cannabis) e sustancias gravemente perxudiciais para a saúde (tódalas demáis), e non é para deixar de lado, pois o tráfico de sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde castígase con penas de 1 a 3 anos de cárcere e multa de ata o dobre do valor da droga, mentres que o tráfico de sustancias gravemente perxudiciais para a saúde, castígase con penas de 3 a 9 anos e multa de ata o triple do valor da droga. Así mesmo, existen circunstancias agravantes que fan aumentar a condena: venda a menores de 18 anos, venda en colexios e centros militares, adulteración da sustancia incrementando o dano para a saúde… e, do mesmo xeito, existen atenuantes (reducen a condena) e eximentes (líbrante de cumplila totalmente). Xeralmente, ambos refírense a cuestións como a presencia de trastornos psicolóxicos graves que impiden, en maior ou menor medida, ser conscientes de estar cometendo un delito.
Ós menores de 18 anos no se lles aplica este tipo de lexislación, senón unha ley específica que contempla medidas reeducativas (como prestacións en servicio da comunidade) ou en casos graves, o internamento en Centros de Menores ou en Centros de Atención ás Drogodependencias, no caso de que houbera un problema de consumo de drogas.
PERO CUIDADO!!!: esta información é relativa á xusticia española. As disposicións legais cambian moito de país en país, polo que no caso de viaxar ó extranxeiro, convén informarse ó respecto na páxina web do Plan Nacional Sobre Drogas ou na do Ministerio de Asuntos Exteriores: www.mae.es Sección de Avisos para Viaxeiros).
En España, que a tenencia de droga considérese destinada ó tráfico ou ó autoconsumo, depende de moitos factores: se existen pesas, sustancias de corte, grandes cantidades de diñeiro, etc. Ademáis tense en conta se a persoa é consumidora de drogas ou non e se a cantidade que posee pode considerarse que é para o seu propio consumo nun período de 3 a 5 días.

En perigo de exitinción

En perigo de exitinción

EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Porriño, unha das tantas etapas que forman parte do Camiño de Santiago; pero tras o seu paso pola nosa vila, os peregrinos ¿teñen algo que ver nela?
Por desgracia cada vez o noso patrimonio vai desaparendo, deixando paso a grandes moles de hormigón que fan escaecer a identidade de Porriño.
É bo evolucionar e dar paso ós novos tempos; pero temos que deixar pegada do anterior, algo que nos identifique.
É vergonzoso que unha construcción que forma parte do pasado e do presente do Porriño como son as partes máis antigas dos soportais,; e que non estean protexidos por Patrimonio. Van preto de dous anos que se está a loitar porque Patrimonio os protexa.
Que nos vai quedar para amosarlle ós nosos fillos e netos nun futuro. Non vamos a poder decirlle s que os seus pais e avós paseaban baixo os soportais nos días de moita calor e nos chuviosos.
Por desgracia temos que lamentar a pérdida de algúns edificios insignes da nosa vila, que xa desapareceron. Isto temos que paralo, temos que facer algo pola protección do noso patrimonio.
Hay varias asociación como Xuventudes Socialistas de Porriño, As Amas de Casa ou a Revista Malladoura que apoian a súa protección, incluso algúns propietarios tamén se suman a esta andaina. Pero quizáis non sexa suficiente e o día de mañá cando nos levantemos e baixemos ó centro como calquer outro día, a nosa sorpresa será atopar no lugar dos soportais máis antigos unha excavadora; todo por nomn estar protexidos. Ese día diremos: ¡Uy ,qué pena!,¿cómo fan isto?¿porqué non se evitou? Pero para ese momento xa será tarde para lamentos.
O que máis doe de todo isto é que despois de trinta anos de democracia, aínda se fagan estas cousas; e lamento o apoio que lle din a un goberno “proculturista” que non fai nada por defender o noso patrimonio;é dicir, o que nos identifica.

PORRIÑOCREA

PORRIÑOCREA

Porriñocrea é básicamente fomentar á xente e xóvenoes sobre todo, que se adiquen á música, teatro, pintura... e tamén ós que crean pulseiras, cinceiros,... con calquera materia prima. A idea e xuntar a todas estas persoas por días o ano para expoñer, actuar e vender as súas creacions.


Esto, se coñecedes La Tanda en Vigo, e moi similar, xa que sería o mesmo pero coa idea de fomentar á xente de O Porriño principalmente, aberto a todo o mundo.


Tamén queremos facer algo solidario, e cando realicemos algún acto recaudando fondos unha porcentaxe sería donada a O.N.G e similares, axudando así nalgunha causa.

 

porrinhocreando.blogia.com 

O PSdeG do Porriño segue a sua tendencia ascendente e acada o tercer concelleiro

O PSdeG do Porriño segue a sua tendencia ascendente e acada o tercer concelleiro

Este é o titular que nos ven á mente tras o escrutinio dos máis de dez mil votos que foron parar na xornada de onte ás urnas de tódalas parroquias porriñesas. O PSdeG acada o tercer concelleiro, Fernando Rodríguez, actual Secretario Xeral da agrupación local do Porriño.

Despois de catro anos de goberno en minoría e soportar o bloqueo por parte da oposición á maioria das propostas da coalición, co conseguinte atraso nalgúns temas vitais para a vila, parece que a cidadanía soubo valorar esas dificultades coas que se atopou Iván, que ademáis viu reducida a sua marxe de maniobra cando chegou ó Concello, moreas de facturas sen pagar e unha deuda importantísima, que gracias a austeridade e bo facer do Tenente de Alcalde, logrou reducila considerablemente. Tamén trouxo unha nova ó Porriño agardada dende hai moitisimos anos, coma a supresión do paso a nivel e a eliminación da vía férrea que actuaba a modo de muro de contención ante a imparable extensión dunha vila tan vital. Do eido dos asuntos sociais do concello, encargouse Maria Jose Sio, 'Cofe' que realizou moitas actividades e deu resposta a innumerables necesidades por parte de diversos colectivos.

Ademáis de tódolos logros acadados na pasada lexislatura, cos problemas anteriormente explicados, deseñouse un ambicioso programa que foi divulgado por todas e cada unha das parroquias, e que podedes consultar na web do PSdeG do Porriño.

Aquí queda a gráfica da evolución en número de votos coma en porcentaxe do PSdeG nas eleccións municipais dos tres últimos anos.

A seguir traballando polo Porriño !!!

 

“As Xuventudes Socialistas de Galicia celebran un Comité Nacional”

Mañá sábado día 25, terá lugar en Sada (A Coruña) o Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia, no que o máis salientable é que desta reunión sairá o programa electoral marco para as vindeiras eleccións. A agrupación local do Porriño terá participación neste Comité por medio dos seus delegados.  

Este programa electoral leva por título “Jóvenes con futuro e liderazgo”, e alguns dos seus puntos máis destacables refírense a infancia, a emancipación da mocidade coma sinal de desenrolo e benestar social, unha aposta seria e decidida pola educación de calidade, ocio asequible e responsable, as liñas de actuación para a mellora do acceso ó mundo laboral e a vivenda, e tamén se fai referencia á necesidade da integración social como base para as actuais e vindeiras xeracións.   

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

Charla : Ante o mercado de traballo, muller e mocidade.

Charla : Ante o mercado de traballo, muller e mocidade.

Hoxe venres, ás 20:30 no Centro Cultural do Porriño terá lugar unha charla que leva por título "Ante o mercado de traballo, muller e mocidade" a cargo de Belén Sío.

Belén Sío Lourido(O Porriño, 1964).

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación.

Concelleira de Benestar Social na pasada lexislatura no concello de Vigo.

Miembro del Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE

Deputada Provincial polo PSdeG-PSOE

A charla estará presentada por Hector Puentes (membro das XSG do Porriño)

As Xuventudes Socialistas celebran o seu centenario

As Xuventudes Socialistas celebran o seu centenario

--- NOTA DE PRENSA ----

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de abril terá lugar na Feira de Exposicións de Bilbao, en Baracaldo, o Congreso Federal Extraordinario co que as Xuventudes Socialistas queren conmemorar os 100 anos da celebración do Congreso no que se constituíu a Federación Nacional de Juventudes Socialistas de España.

Por parte das Xuventudes Socialistas de Galicia asistirán 12 delegados, entre os cales atópase o Secretario Xeral da agrupación local de O Porriño, Francisco Leboso, que acudirá en representación da zona.

O Congreso ademais de facer unha retrospectiva histórica, tamén servirá como punto no que botar a andar novas iniciativas, e incorporar ó seu ideario novas reivindicacións relacionadas cos moitos cambios experimentados pola nosa sociedade ó longo destes 100 anos, reafirmándose nos valores que inspiraron a súa constitución, que hoxe, como daquela, seguen vixentes: a loita pola liberdade, a igualdade e a solidariedade entre tódolos mozos e mozas.

“As Xuventudes Socialistas mostran a súa preocupación pola convocatoria dun macrobotellón o día 25”

“As Xuventudes Socialistas mostran a súa preocupación pola convocatoria dun macrobotellón o día 25”

Trala convocatoria mediante diversos medios, da celebración dun macrobotellón na vila o sábado 25, esta asociación apela ó civismo dos asistentes a esa cita. A convocatoria faise, segundo as mensaxes, para tratar de seguir a estela de protagonismo nos medios de comunicación, que en datas pasadas conseguiron diversas cidades da xeografía española, e que ó noso xuízo, non debe ser unha xustificación para tal acto, posto que non cremos que a nosa vila deba ser referencia informativa por tal feito.

De repetirse acontecementos de este tipo seguramente non tardarán en promulgarse leis para evitar estas concentracións, e dicir, conseguiríase un efecto contrario ó desexado polos asistentes.

Avogamos polas liberdades individuais, a da diversión e a do descanso, por suposto, defendemos que a mocidade queira reunirse, pero o feito de xuntarse tal número de asistentes nun único espacio, non creemos que teña efectos positivos, e estamos seguros de que isto será empregado como arma arroxadiza contra a mocidade, e aproveitarase para criminalizar o fenómeno do botellón, que ó noso xuízo, ten menos que ver con este tipo de convocatorias do que nos fan ver os medios de comunicación estes días, nin no fondo nin na forma, posto que o principal obxectivo de estas macroreunions é acadar o máximo número de asistentes para conseguir repercusión mediática.

As XSG de Porriño celebran o seu IIIº Congreso Local

As XSG de Porriño celebran o seu IIIº Congreso Local

As Xuventudes Socialistas de Porriño celebraron este sábado 4 de Marzo o seu IIIº Congreso Local, no que resultou escollida a nova Comisión Executiva Local que dirixirá a organización socialista os vindeiros dous anos. Francisco Leboso resultou escollido secretario xeral das XSG do Porriño.

A executiva resultante da votacion é:

Presidenta : Carolina Bautista 

Secretario Xeral : Francisco Leboso

Secretario de Organización : Néstor Gómez

Tesorero : David Cardenal

Secretario de Vivenda e Urbanismo : Álex Coya

Secretaria de Educación : Iomara Babiano 

Secretario de Traballo : Héctor Puentes 

Secretario de Prensa : Antón Pérez

O novo secretario xeral, Fran Leboso afirmou que "esta lexislatura supón un avance para un colectivo cunha afiliación con trinta afiliados e un gran número de simpatizantes comprometidos en traballar nun proxecto socialista, galeguista e republicano para a mocidade do Porriño". Ó acto asistiron os concelleiros do Grupo Muncicipal Socialista Maria Josefa Sío e Iván Vaqueiro.

“Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político

“Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político

Charla :  “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político"

Poñente: Guillermo Hernández Ferviño (Catedrático de Filosofía e ex-deputado)

As XSG de O Porriño organizaron unha charla, na sede do PSdeG-PSOE de O Porriño. O acto que levou por nome “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político” e que foi a cargo do Catedrático de Filosofía e ex-deputado Guillermo Hernández Ferviño.

O acto, pretendeu dar as claves da necesidade da involucración da mocidade na política, ademáis do trato que a ésta lle é dado polas diferentes formas de goberno na historia. Ademais o ex-deputado recalcou a necesidade da formación da mocidade que no futuro irá tomando relevo no eido politico e social e que terá por diante moitos retos, diferentes dos actuais, derivados do progreso, os fluxos migratorios e demais.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

“Xuventudes Socialistas do Porriño pide que se amplíe o horario da biblioteca municipal”

“Xuventudes Socialistas do Porriño pide que se amplíe o horario da biblioteca municipal”

XSG de O Porriño
-------------------------

NOTA DE PRENSA

“Xuventudes Socialistas do Porriño pide que se amplíe o horario da biblioteca municipal”

A biblioteca abre actualmente as súas portas de luns a vernes de 9 a 21 horas, cando anteriormente tamén o facía os sábados pola mañana, o que suscitou queixas por parte dos seus usuarios.

Xuventudes Socialistas do Porriño pide que se amplíe o seu horario, voltando a abrir os sábados, prestando así un mellor servicio a los ciudadáns. Hai que lembrar que a biblioteca conta con máis de 2.100 socios, que se viron perxudicados, además do resto de usuarios.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres