Blogia
Xuventudes Socialistas do Porriño

As Xuventudes Socialistas celebran o seu centenario

As Xuventudes Socialistas celebran o seu centenario

--- NOTA DE PRENSA ----

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de abril terá lugar na Feira de Exposicións de Bilbao, en Baracaldo, o Congreso Federal Extraordinario co que as Xuventudes Socialistas queren conmemorar os 100 anos da celebración do Congreso no que se constituíu a Federación Nacional de Juventudes Socialistas de España.

Por parte das Xuventudes Socialistas de Galicia asistirán 12 delegados, entre os cales atópase o Secretario Xeral da agrupación local de O Porriño, Francisco Leboso, que acudirá en representación da zona.

O Congreso ademais de facer unha retrospectiva histórica, tamén servirá como punto no que botar a andar novas iniciativas, e incorporar ó seu ideario novas reivindicacións relacionadas cos moitos cambios experimentados pola nosa sociedade ó longo destes 100 anos, reafirmándose nos valores que inspiraron a súa constitución, que hoxe, como daquela, seguen vixentes: a loita pola liberdade, a igualdade e a solidariedade entre tódolos mozos e mozas.

0 comentarios