Blogia
Xuventudes Socialistas do Porriño

O PSdeG do Porriño segue a sua tendencia ascendente e acada o tercer concelleiro

O PSdeG do Porriño segue a sua tendencia ascendente e acada o tercer concelleiro

Este é o titular que nos ven á mente tras o escrutinio dos máis de dez mil votos que foron parar na xornada de onte ás urnas de tódalas parroquias porriñesas. O PSdeG acada o tercer concelleiro, Fernando Rodríguez, actual Secretario Xeral da agrupación local do Porriño.

Despois de catro anos de goberno en minoría e soportar o bloqueo por parte da oposición á maioria das propostas da coalición, co conseguinte atraso nalgúns temas vitais para a vila, parece que a cidadanía soubo valorar esas dificultades coas que se atopou Iván, que ademáis viu reducida a sua marxe de maniobra cando chegou ó Concello, moreas de facturas sen pagar e unha deuda importantísima, que gracias a austeridade e bo facer do Tenente de Alcalde, logrou reducila considerablemente. Tamén trouxo unha nova ó Porriño agardada dende hai moitisimos anos, coma a supresión do paso a nivel e a eliminación da vía férrea que actuaba a modo de muro de contención ante a imparable extensión dunha vila tan vital. Do eido dos asuntos sociais do concello, encargouse Maria Jose Sio, 'Cofe' que realizou moitas actividades e deu resposta a innumerables necesidades por parte de diversos colectivos.

Ademáis de tódolos logros acadados na pasada lexislatura, cos problemas anteriormente explicados, deseñouse un ambicioso programa que foi divulgado por todas e cada unha das parroquias, e que podedes consultar na web do PSdeG do Porriño.

Aquí queda a gráfica da evolución en número de votos coma en porcentaxe do PSdeG nas eleccións municipais dos tres últimos anos.

A seguir traballando polo Porriño !!!

 

0 comentarios