As Xuventudes Socialistas mostran a súa preocupación pola convocatoria dun macrobotellón o día 25
Trala convocatoria mediante diversos medios, da celebración dun macrobotellón na vila o sábado 25, esta asociación apela ó civismo dos asistentes a esa cita. A convocatoria faise, segundo as mensaxes, para tratar de seguir a estela de protagonismo nos medios de comunicación, que en datas pasadas conseguiron diversas cidades da xeografía española, e que ó noso xuízo, non debe ser unha xustificación para tal acto, posto que non cremos que a nosa vila deba ser referencia informativa por tal feito.
De repetirse acontecementos de este tipo seguramente non tardarán en promulgarse leis para evitar estas concentracións, e dicir, conseguiríase un efecto contrario ó desexado polos asistentes.
Avogamos polas liberdades individuais, a da diversión e a do descanso, por suposto, defendemos que a mocidade queira reunirse, pero o feito de xuntarse tal número de asistentes nun único espacio, non creemos que teña efectos positivos, e estamos seguros de que isto será empregado como arma arroxadiza contra a mocidade, e aproveitarase para criminalizar o fenómeno do botellón, que ó noso xuízo, ten menos que ver con este tipo de convocatorias do que nos fan ver os medios de comunicación estes días, nin no fondo nin na forma, posto que o principal obxectivo de estas macroreunions é acadar o máximo número de asistentes para conseguir repercusión mediática.
0 comentarios