Blogia
Xuventudes Socialistas do Porriño

BOTELLÓN CÍVICO

¿Diversión o delincuencia?

Ó parecer delincuencia, e a verdade que non o entendo; pois dende a  nosa máis tenra infancia educarnos nunha sociedade na que o alcohol e a diversión son dous conceptos moi afins. Dende pequeño vin  como en todo tipo de celebracións, os meus maiores empreñaban o alcohol como medio de diversión. Deste modo nun país como España no que o alcohol  aceptase tanto socialmente, ninguén debería escandalizarse porque os xoves consumamos alcohol; é màis despois do que vivín non me parece nada anormal que nacera o botellón.
Temos constancia de que hai ostenta anos, xa os nosos ancestros xuntábanse no Parque Infantil coñecido como o Campo da Feira, para beber augardente, falar e xogar a partida os venres pola noite.
Este poderían ser os comezos do noso actual botellón; posto que o lugar onde se reunían era o mesmo onde hoxe reúnense os xoves para celebrar o botellón.
O botellón non é malo nin bo, podemos decir que é unha resposta social ó “garrafón” e ás bebidas con prezos inaccesibles para a xuventude. Pero é certo crean algúns problemas como o ruido, os destrozos uráns e o consumo dos menores.
Cabe destacar como posible solución para os dous primeiros, a habilitación de espazos con infraestructuras decentes (non zulos) ou baixar os prezos das bebidas e a regularización do “garrafón”.
No caso dos menores  sinalamos a importancia da educación, tanto nos centros escolares como nos fogares.
As medidas prohibitivas só conllevan conductas delictivas.
Por un BOTELLÓN CÍVICO.
Se queres acompañarnos vémonos esta fin de semana.

0 comentarios