Xuventudes Socialistas do Porriño



Rúa Antonio Palacios nº 51 Entrechán.
Tlfno. 986-33.54.52
36400 O Porriño
xsg_oporrino@yahoo.es

Temas



Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.

19/09/2007

PORRIÑOCREA

PORRIÑOCREA

Porriñocrea é básicamente fomentar á xente e xóvenoes sobre todo, que se adiquen á música, teatro, pintura... e tamén ós que crean pulseiras, cinceiros,... con calquera materia prima. A idea e xuntar a todas estas persoas por días o ano para expoñer, actuar e vender as súas creacions.


Esto, se coñecedes La Tanda en Vigo, e moi similar, xa que sería o mesmo pero coa idea de fomentar á xente de O Porriño principalmente, aberto a todo o mundo.


Tamén queremos facer algo solidario, e cando realicemos algún acto recaudando fondos unha porcentaxe sería donada a O.N.G e similares, axudando así nalgunha causa.

 

porrinhocreando.blogia.com 

En perigo de exitinción

20070919053554-dscn0980.jpg

EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Porriño, unha das tantas etapas que forman parte do Camiño de Santiago; pero tras o seu paso pola nosa vila, os peregrinos ¿teñen algo que ver nela?
Por desgracia cada vez o noso patrimonio vai desaparendo, deixando paso a grandes moles de hormigón que fan escaecer a identidade de Porriño.
É bo evolucionar e dar paso ós novos tempos; pero temos que deixar pegada do anterior, algo que nos identifique.
É vergonzoso que unha construcción que forma parte do pasado e do presente do Porriño como son as partes máis antigas dos soportais,; e que non estean protexidos por Patrimonio. Van preto de dous anos que se está a loitar porque Patrimonio os protexa.
Que nos vai quedar para amosarlle ós nosos fillos e netos nun futuro. Non vamos a poder decirlle s que os seus pais e avós paseaban baixo os soportais nos días de moita calor e nos chuviosos.
Por desgracia temos que lamentar a pérdida de algúns edificios insignes da nosa vila, que xa desapareceron. Isto temos que paralo, temos que facer algo pola protección do noso patrimonio.
Hay varias asociación como Xuventudes Socialistas de Porriño, As Amas de Casa ou a Revista Malladoura que apoian a súa protección, incluso algúns propietarios tamén se suman a esta andaina. Pero quizáis non sexa suficiente e o día de mañá cando nos levantemos e baixemos ó centro como calquer outro día, a nosa sorpresa será atopar no lugar dos soportais máis antigos unha excavadora; todo por nomn estar protexidos. Ese día diremos: ¡Uy ,qué pena!,¿cómo fan isto?¿porqué non se evitou? Pero para ese momento xa será tarde para lamentos.
O que máis doe de todo isto é que despois de trinta anos de democracia, aínda se fagan estas cousas; e lamento o apoio que lle din a un goberno “proculturista” que non fai nada por defender o noso patrimonio;é dicir, o que nos identifica.

Drogas: ¿Ata que punto é legal colocarse?

20070919054148-los-que-se-drogan.gif
A excepción do tabaco, o alcohol e algunha outra sustancia, nestas listas inclúense tódalas drogas habitualmente máis consumidas: éxtasis, cannabis, anfetamina, speed, cocaína, LSD, mescalina, psilocibina, etc.
Por mor da condición de ilegalidade destas sustancias, o consumidor exponse ó riesgo de sufrir problemas coa xusticia. Para evitalos, o máis recomendable é informarse ben sobre as disposicións ó respecto (Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes, Convenio de 1971 sobre Sustancia Psicotrópicas).
En España considérase delito elaborar, producir, cultivar ou traficar coas sustancias psicotrópicas, tóxicas ou estupefacientes incluidas nos listados internacionais, así como favorecer, facilitar ou promover o seu consumo. Isto débese a que considérase que as drogas son perxudiciais para a saúde, polo que traficar con elas supón cometer un delito contra a saúde pública e, polo tanto, castígase con penas de cárcere.
O que non se considera delito é o propio consumo, nin a tenencia ou a compra de pequenas cantidades destinadas ó propio consumo. Ti e só tí es responsable da túa saúde e da túa vida pero… o que non podes facer é exhibilo; é dicir, considérase falta grave consumir drogas prohibidas en lugares públicos, así como a tenencia nestos lugares de cantidades destinadas ó propio consumo. Estas faltas castíganse con multas que van dende os 300 ós 30.000 euros, vamos, que non é ningunha broma.
Pero deixando a parte meter o medo á xente, hai que dicir que España é un país que fai unha distinción peculiar e a ter en conta, xa que distínguese entre sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde (derivados do cannabis) e sustancias gravemente perxudiciais para a saúde (tódalas demáis), e non é para deixar de lado, pois o tráfico de sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde castígase con penas de 1 a 3 anos de cárcere e multa de ata o dobre do valor da droga, mentres que o tráfico de sustancias gravemente perxudiciais para a saúde, castígase con penas de 3 a 9 anos e multa de ata o triple do valor da droga. Así mesmo, existen circunstancias agravantes que fan aumentar a condena: venda a menores de 18 anos, venda en colexios e centros militares, adulteración da sustancia incrementando o dano para a saúde… e, do mesmo xeito, existen atenuantes (reducen a condena) e eximentes (líbrante de cumplila totalmente). Xeralmente, ambos refírense a cuestións como a presencia de trastornos psicolóxicos graves que impiden, en maior ou menor medida, ser conscientes de estar cometendo un delito.
Ós menores de 18 anos no se lles aplica este tipo de lexislación, senón unha ley específica que contempla medidas reeducativas (como prestacións en servicio da comunidade) ou en casos graves, o internamento en Centros de Menores ou en Centros de Atención ás Drogodependencias, no caso de que houbera un problema de consumo de drogas.
PERO CUIDADO!!!: esta información é relativa á xusticia española. As disposicións legais cambian moito de país en país, polo que no caso de viaxar ó extranxeiro, convén informarse ó respecto na páxina web do Plan Nacional Sobre Drogas ou na do Ministerio de Asuntos Exteriores: www.mae.es Sección de Avisos para Viaxeiros).
En España, que a tenencia de droga considérese destinada ó tráfico ou ó autoconsumo, depende de moitos factores: se existen pesas, sustancias de corte, grandes cantidades de diñeiro, etc. Ademáis tense en conta se a persoa é consumidora de drogas ou non e se a cantidade que posee pode considerarse que é para o seu propio consumo nun período de 3 a 5 días.

BOTELLÓN CÍVICO

¿Diversión o delincuencia?

Ó parecer delincuencia, e a verdade que non o entendo; pois dende a  nosa máis tenra infancia educarnos nunha sociedade na que o alcohol e a diversión son dous conceptos moi afins. Dende pequeño vin  como en todo tipo de celebracións, os meus maiores empreñaban o alcohol como medio de diversión. Deste modo nun país como España no que o alcohol  aceptase tanto socialmente, ninguén debería escandalizarse porque os xoves consumamos alcohol; é màis despois do que vivín non me parece nada anormal que nacera o botellón.
Temos constancia de que hai ostenta anos, xa os nosos ancestros xuntábanse no Parque Infantil coñecido como o Campo da Feira, para beber augardente, falar e xogar a partida os venres pola noite.
Este poderían ser os comezos do noso actual botellón; posto que o lugar onde se reunían era o mesmo onde hoxe reúnense os xoves para celebrar o botellón.
O botellón non é malo nin bo, podemos decir que é unha resposta social ó “garrafón” e ás bebidas con prezos inaccesibles para a xuventude. Pero é certo crean algúns problemas como o ruido, os destrozos uráns e o consumo dos menores.
Cabe destacar como posible solución para os dous primeiros, a habilitación de espazos con infraestructuras decentes (non zulos) ou baixar os prezos das bebidas e a regularización do “garrafón”.
No caso dos menores  sinalamos a importancia da educación, tanto nos centros escolares como nos fogares.
As medidas prohibitivas só conllevan conductas delictivas.
Por un BOTELLÓN CÍVICO.
Se queres acompañarnos vémonos esta fin de semana.

II República

20070919054533-republica3.jpgA PRIMEIRA CONSTITUCIÓN DEMOCRÁTICA DE ESPAÑA

Cando chega a República, en España aínda seguía visente, o menos en teoría, a Constitución de Canovas, o vello "cheque en blanco" de corte liberal que quedara en suspenso baixo o mandato de Primo de Rivera. Corenta anos despois da súa entrada en vigor, aquél texto non servía. Completamente obsoleta, era papel mollado para os horizontes democráticos e reformadores do novo réximen.

Facía falta unha nova lei máxima republicana e democrática. Tras un acalorado debate -prolongouse durante varios meses e trouxo consigo as dimisións de Alcalá Zamora e Maura- nas Cortes Constituintes, foi aprobada o 9 de diciembre de 1931. Nacera a Constitución da República Española, a máis avanzada do seu tempo, que contemplaba o divorcio e o voto das mulleres. Estos son os seus principais rasgos:

Unha República de traballadores. O artígoo 1 definía España como unha república de trabajadores de todas clase, que organizase en réximen de libertade e xustiza. Este artigo, moi discutido, daba o novo réximen un barniz lixeiramente socialista que só serviu para asustar a la dereita.

Estado Integral. Esta denominación ambigua contiña unha fórmula de organización territorial que eludía o federalismo explícito, pero abría a porta ás autonomías.

Unah soa cámara. Rompíase así a tradición bicameral do país prescindindo do Senado. Sen embargo, o Congreso salía reforzado coa facultade de destituir o Xefe do Estado, o presidente da República.

Un xefe de Estado cun mandato de sete anos. O presidente da República era elegido de forma mixta polos parlamentarios e a través duns compromisarios elexidos por sufraxio universal. Así, era responsable ante o Parlamento e os electores.

Libertade de cultos e Estado laico. Un dos puntos máis polémicos. A República declaraba se laica, prohibía ás ordes relixiosas exercer a ensinanza e desvinculaba o Estado da financiación da Iglesia. Significou unha ruptura radical e un foco de tensións nun país onde o altar era máis importante co trono.

Sufraxio universal de verdade (incluía ás mulleres). A Constitución dispoñía que todolos ciudadáns de máis de 23 anos tián o dereito de votar. Este precepto, indiscutible hoxe en día, supuso unha revolución no seu momento: as mulleres podían votar.



Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.