Xuventudes Socialistas do Porriño



Rúa Antonio Palacios nº 51 Entrechán.
Tlfno. 986-33.54.52
36400 O Porriño
xsg_oporrino@yahoo.es

Temas



Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.

04/03/2006

“Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político

20060304221700-hernandez.jpg

Charla :  “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político"

Poñente: Guillermo Hernández Ferviño (Catedrático de Filosofía e ex-deputado)

As XSG de O Porriño organizaron unha charla, na sede do PSdeG-PSOE de O Porriño. O acto que levou por nome “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político” e que foi a cargo do Catedrático de Filosofía e ex-deputado Guillermo Hernández Ferviño.

O acto, pretendeu dar as claves da necesidade da involucración da mocidade na política, ademáis do trato que a ésta lle é dado polas diferentes formas de goberno na historia. Ademais o ex-deputado recalcou a necesidade da formación da mocidade que no futuro irá tomando relevo no eido politico e social e que terá por diante moitos retos, diferentes dos actuais, derivados do progreso, os fluxos migratorios e demais.

As XSG de Porriño celebran o seu IIIº Congreso Local

20060321200451-xsgnew.jpg

As Xuventudes Socialistas de Porriño celebraron este sábado 4 de Marzo o seu IIIº Congreso Local, no que resultou escollida a nova Comisión Executiva Local que dirixirá a organización socialista os vindeiros dous anos. Francisco Leboso resultou escollido secretario xeral das XSG do Porriño.

A executiva resultante da votacion é:

Presidenta : Carolina Bautista 

Secretario Xeral : Francisco Leboso

Secretario de Organización : Néstor Gómez

Tesorero : David Cardenal

Secretario de Vivenda e Urbanismo : Álex Coya

Secretaria de Educación : Iomara Babiano 

Secretario de Traballo : Héctor Puentes 

Secretario de Prensa : Antón Pérez

O novo secretario xeral, Fran Leboso afirmou que "esta lexislatura supón un avance para un colectivo cunha afiliación con trinta afiliados e un gran número de simpatizantes comprometidos en traballar nun proxecto socialista, galeguista e republicano para a mocidade do Porriño". Ó acto asistiron os concelleiros do Grupo Muncicipal Socialista Maria Josefa Sío e Iván Vaqueiro.

21/03/2006

“As Xuventudes Socialistas mostran a súa preocupación pola convocatoria dun macrobotellón o día 25”

20060321200006-3741.jpg

Trala convocatoria mediante diversos medios, da celebración dun macrobotellón na vila o sábado 25, esta asociación apela ó civismo dos asistentes a esa cita. A convocatoria faise, segundo as mensaxes, para tratar de seguir a estela de protagonismo nos medios de comunicación, que en datas pasadas conseguiron diversas cidades da xeografía española, e que ó noso xuízo, non debe ser unha xustificación para tal acto, posto que non cremos que a nosa vila deba ser referencia informativa por tal feito.

De repetirse acontecementos de este tipo seguramente non tardarán en promulgarse leis para evitar estas concentracións, e dicir, conseguiríase un efecto contrario ó desexado polos asistentes.

Avogamos polas liberdades individuais, a da diversión e a do descanso, por suposto, defendemos que a mocidade queira reunirse, pero o feito de xuntarse tal número de asistentes nun único espacio, non creemos que teña efectos positivos, e estamos seguros de que isto será empregado como arma arroxadiza contra a mocidade, e aproveitarase para criminalizar o fenómeno do botellón, que ó noso xuízo, ten menos que ver con este tipo de convocatorias do que nos fan ver os medios de comunicación estes días, nin no fondo nin na forma, posto que o principal obxectivo de estas macroreunions é acadar o máximo número de asistentes para conseguir repercusión mediática.



Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.