Xuventudes Socialistas do Porriño



Rúa Antonio Palacios nº 51 Entrechán.
Tlfno. 986-33.54.52
36400 O Porriño
xsg_oporrino@yahoo.es

Temas



Archivos

Enlaces


Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.

05/04/2006

As Xuventudes Socialistas celebran o seu centenario

20060405190741-17foto01g.jpg

--- NOTA DE PRENSA ----

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de abril terá lugar na Feira de Exposicións de Bilbao, en Baracaldo, o Congreso Federal Extraordinario co que as Xuventudes Socialistas queren conmemorar os 100 anos da celebración do Congreso no que se constituíu a Federación Nacional de Juventudes Socialistas de España.

Por parte das Xuventudes Socialistas de Galicia asistirán 12 delegados, entre os cales atópase o Secretario Xeral da agrupación local de O Porriño, Francisco Leboso, que acudirá en representación da zona.

O Congreso ademais de facer unha retrospectiva histórica, tamén servirá como punto no que botar a andar novas iniciativas, e incorporar ó seu ideario novas reivindicacións relacionadas cos moitos cambios experimentados pola nosa sociedade ó longo destes 100 anos, reafirmándose nos valores que inspiraron a súa constitución, que hoxe, como daquela, seguen vixentes: a loita pola liberdade, a igualdade e a solidariedade entre tódolos mozos e mozas.

28/04/2006

Charla : Ante o mercado de traballo, muller e mocidade.

20060428001544-fkqqlewygh.jpg

Hoxe venres, ás 20:30 no Centro Cultural do Porriño terá lugar unha charla que leva por título "Ante o mercado de traballo, muller e mocidade" a cargo de Belén Sío.

Belén Sío Lourido(O Porriño, 1964).

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación.

Concelleira de Benestar Social na pasada lexislatura no concello de Vigo.

Miembro del Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE

Deputada Provincial polo PSdeG-PSOE

A charla estará presentada por Hector Puentes (membro das XSG do Porriño)



Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.