Xuventudes Socialistas do Porriño |
![]() Rúa Antonio Palacios nº 51 Entrechán.
Tlfno. 986-33.54.52 36400 O Porriño xsg_oporrino@yahoo.es |
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Actualidade. O bo facer de José Luís Rodríguez Zapatero e o seu equipo de goberno nesta ultima lexislatura propiciou os magníficos resultados no Porriño. O apoio de case un 36% dos electores, achegándose os 3.800 votos e cunha subida do 2,37% fronte a baixada dos outros partidos maioritarios. Confiamos en que esta tendencia continúe grazas o traballo dos socialistas tanto en Madrid coma en Santiago e por suposto dende o grupo socialista do Porriño con Iván Vaqueiro, Fernando e Cofe como concelleiros. Grazas! Este é o titular que nos ven á mente tras o escrutinio dos máis de dez mil votos que foron parar na xornada de onte ás urnas de tódalas parroquias porriñesas. O PSdeG acada o tercer concelleiro, Fernando Rodríguez, actual Secretario Xeral da agrupación local do Porriño. Despois de catro anos de goberno en minoría e soportar o bloqueo por parte da oposición á maioria das propostas da coalición, co conseguinte atraso nalgúns temas vitais para a vila, parece que a cidadanía soubo valorar esas dificultades coas que se atopou Iván, que ademáis viu reducida a sua marxe de maniobra cando chegou ó Concello, moreas de facturas sen pagar e unha deuda importantísima, que gracias a austeridade e bo facer do Tenente de Alcalde, logrou reducila considerablemente. Tamén trouxo unha nova ó Porriño agardada dende hai moitisimos anos, coma a supresión do paso a nivel e a eliminación da vía férrea que actuaba a modo de muro de contención ante a imparable extensión dunha vila tan vital. Do eido dos asuntos sociais do concello, encargouse Maria Jose Sio, 'Cofe' que realizou moitas actividades e deu resposta a innumerables necesidades por parte de diversos colectivos. Ademáis de tódolos logros acadados na pasada lexislatura, cos problemas anteriormente explicados, deseñouse un ambicioso programa que foi divulgado por todas e cada unha das parroquias, e que podedes consultar na web do PSdeG do Porriño. Aquí queda a gráfica da evolución en número de votos coma en porcentaxe do PSdeG nas eleccións municipais dos tres últimos anos. A seguir traballando polo Porriño !!! Mañá sábado día 25, terá lugar en Sada (A Coruña) o Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia, no que o máis salientable é que desta reunión sairá o programa electoral marco para as vindeiras eleccións. A agrupación local do Porriño terá participación neste Comité por medio dos seus delegados. Este programa electoral leva por título “Jóvenes con futuro e liderazgo”, e alguns dos seus puntos máis destacables refírense a infancia, a emancipación da mocidade coma sinal de desenrolo e benestar social, unha aposta seria e decidida pola educación de calidade, ocio asequible e responsable, as liñas de actuación para a mellora do acceso ó mundo laboral e a vivenda, e tamén se fai referencia á necesidade da integración social como base para as actuais e vindeiras xeracións. Trala convocatoria mediante diversos medios, da celebración dun macrobotellón na vila o sábado 25, esta asociación apela ó civismo dos asistentes a esa cita. A convocatoria faise, segundo as mensaxes, para tratar de seguir a estela de protagonismo nos medios de comunicación, que en datas pasadas conseguiron diversas cidades da xeografía española, e que ó noso xuízo, non debe ser unha xustificación para tal acto, posto que non cremos que a nosa vila deba ser referencia informativa por tal feito. As Xuventudes Socialistas de Porriño celebraron este sábado 4 de Marzo o seu IIIº Congreso Local, no que resultou escollida a nova Comisión Executiva Local que dirixirá a organización socialista os vindeiros dous anos. Francisco Leboso resultou escollido secretario xeral das XSG do Porriño. A executiva resultante da votacion é: Presidenta : Carolina Bautista Secretario Xeral : Francisco Leboso Secretario de Organización : Néstor Gómez Tesorero : David Cardenal Secretario de Vivenda e Urbanismo : Álex Coya Secretaria de Educación : Iomara Babiano Secretario de Traballo : Héctor Puentes Secretario de Prensa : Antón Pérez O novo secretario xeral, Fran Leboso afirmou que "esta lexislatura supón un avance para un colectivo cunha afiliación con trinta afiliados e un gran número de simpatizantes comprometidos en traballar nun proxecto socialista, galeguista e republicano para a mocidade do Porriño". Ó acto asistiron os concelleiros do Grupo Muncicipal Socialista Maria Josefa Sío e Iván Vaqueiro. Charla : “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político" Poñente: Guillermo Hernández Ferviño (Catedrático de Filosofía e ex-deputado) As XSG de O Porriño organizaron unha charla, na sede do PSdeG-PSOE de O Porriño. O acto que levou por nome “Percepción Social e Necesidade do Compromiso Político” e que foi a cargo do Catedrático de Filosofía e ex-deputado Guillermo Hernández Ferviño. O acto, pretendeu dar as claves da necesidade da involucración da mocidade na política, ademáis do trato que a ésta lle é dado polas diferentes formas de goberno na historia. Ademais o ex-deputado recalcou a necesidade da formación da mocidade que no futuro irá tomando relevo no eido politico e social e que terá por diante moitos retos, diferentes dos actuais, derivados do progreso, os fluxos migratorios e demais. XSG de O Porriño NOTA DE PRENSA |