Blogia
Xuventudes Socialistas do Porriño

Drogas: ¿Ata que punto é legal colocarse?

Drogas: ¿Ata que punto é legal colocarse?
A excepción do tabaco, o alcohol e algunha outra sustancia, nestas listas inclúense tódalas drogas habitualmente máis consumidas: éxtasis, cannabis, anfetamina, speed, cocaína, LSD, mescalina, psilocibina, etc.
Por mor da condición de ilegalidade destas sustancias, o consumidor exponse ó riesgo de sufrir problemas coa xusticia. Para evitalos, o máis recomendable é informarse ben sobre as disposicións ó respecto (Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes, Convenio de 1971 sobre Sustancia Psicotrópicas).
En España considérase delito elaborar, producir, cultivar ou traficar coas sustancias psicotrópicas, tóxicas ou estupefacientes incluidas nos listados internacionais, así como favorecer, facilitar ou promover o seu consumo. Isto débese a que considérase que as drogas son perxudiciais para a saúde, polo que traficar con elas supón cometer un delito contra a saúde pública e, polo tanto, castígase con penas de cárcere.
O que non se considera delito é o propio consumo, nin a tenencia ou a compra de pequenas cantidades destinadas ó propio consumo. Ti e só tí es responsable da túa saúde e da túa vida pero… o que non podes facer é exhibilo; é dicir, considérase falta grave consumir drogas prohibidas en lugares públicos, así como a tenencia nestos lugares de cantidades destinadas ó propio consumo. Estas faltas castíganse con multas que van dende os 300 ós 30.000 euros, vamos, que non é ningunha broma.
Pero deixando a parte meter o medo á xente, hai que dicir que España é un país que fai unha distinción peculiar e a ter en conta, xa que distínguese entre sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde (derivados do cannabis) e sustancias gravemente perxudiciais para a saúde (tódalas demáis), e non é para deixar de lado, pois o tráfico de sustancias non gravemente perxudiciais para a saúde castígase con penas de 1 a 3 anos de cárcere e multa de ata o dobre do valor da droga, mentres que o tráfico de sustancias gravemente perxudiciais para a saúde, castígase con penas de 3 a 9 anos e multa de ata o triple do valor da droga. Así mesmo, existen circunstancias agravantes que fan aumentar a condena: venda a menores de 18 anos, venda en colexios e centros militares, adulteración da sustancia incrementando o dano para a saúde… e, do mesmo xeito, existen atenuantes (reducen a condena) e eximentes (líbrante de cumplila totalmente). Xeralmente, ambos refírense a cuestións como a presencia de trastornos psicolóxicos graves que impiden, en maior ou menor medida, ser conscientes de estar cometendo un delito.
Ós menores de 18 anos no se lles aplica este tipo de lexislación, senón unha ley específica que contempla medidas reeducativas (como prestacións en servicio da comunidade) ou en casos graves, o internamento en Centros de Menores ou en Centros de Atención ás Drogodependencias, no caso de que houbera un problema de consumo de drogas.
PERO CUIDADO!!!: esta información é relativa á xusticia española. As disposicións legais cambian moito de país en país, polo que no caso de viaxar ó extranxeiro, convén informarse ó respecto na páxina web do Plan Nacional Sobre Drogas ou na do Ministerio de Asuntos Exteriores: www.mae.es Sección de Avisos para Viaxeiros).
En España, que a tenencia de droga considérese destinada ó tráfico ou ó autoconsumo, depende de moitos factores: se existen pesas, sustancias de corte, grandes cantidades de diñeiro, etc. Ademáis tense en conta se a persoa é consumidora de drogas ou non e se a cantidade que posee pode considerarse que é para o seu propio consumo nun período de 3 a 5 días.

0 comentarios