Blogia
Xuventudes Socialistas do Porriño

En perigo de exitinción

En perigo de exitinción

EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Porriño, unha das tantas etapas que forman parte do Camiño de Santiago; pero tras o seu paso pola nosa vila, os peregrinos ¿teñen algo que ver nela?
Por desgracia cada vez o noso patrimonio vai desaparendo, deixando paso a grandes moles de hormigón que fan escaecer a identidade de Porriño.
É bo evolucionar e dar paso ós novos tempos; pero temos que deixar pegada do anterior, algo que nos identifique.
É vergonzoso que unha construcción que forma parte do pasado e do presente do Porriño como son as partes máis antigas dos soportais,; e que non estean protexidos por Patrimonio. Van preto de dous anos que se está a loitar porque Patrimonio os protexa.
Que nos vai quedar para amosarlle ós nosos fillos e netos nun futuro. Non vamos a poder decirlle s que os seus pais e avós paseaban baixo os soportais nos días de moita calor e nos chuviosos.
Por desgracia temos que lamentar a pérdida de algúns edificios insignes da nosa vila, que xa desapareceron. Isto temos que paralo, temos que facer algo pola protección do noso patrimonio.
Hay varias asociación como Xuventudes Socialistas de Porriño, As Amas de Casa ou a Revista Malladoura que apoian a súa protección, incluso algúns propietarios tamén se suman a esta andaina. Pero quizáis non sexa suficiente e o día de mañá cando nos levantemos e baixemos ó centro como calquer outro día, a nosa sorpresa será atopar no lugar dos soportais máis antigos unha excavadora; todo por nomn estar protexidos. Ese día diremos: ¡Uy ,qué pena!,¿cómo fan isto?¿porqué non se evitou? Pero para ese momento xa será tarde para lamentos.
O que máis doe de todo isto é que despois de trinta anos de democracia, aínda se fagan estas cousas; e lamento o apoio que lle din a un goberno “proculturista” que non fai nada por defender o noso patrimonio;é dicir, o que nos identifica.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres